Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS MUNICIPAIS E A ESCOLA DE MÚSICA COMEZA MAÑÁ

Este ano amplíase a oferta coas novas escolas de teatro infantil, tenis de mesa, baloncesto e xadréz

A concelleira de Cultura e Deportes Begoña Roldós presentou hoxe a programación completa das escolas deportivas e culturais municipais. A edil lembrou que mañá xoves, 15 de setembro abre o prazo de inscrición, coas novidades das escolas de teatro infantil, tenis de mesa, baloncesto e xadréz.

Xunto a estas novas propostas, o concello mantén o seu catálogo de actividades deportivas para todas as idades, que este ano son atletismo (de 4 a 11 anos), ioga (a partir de 18 anos), baile moderno (a partir de 3 anos), bailes latinos (todas as idades), baile salón competición (todas as idades), danza coreográfica (todas as idades), predeporte (de 3 a 6 anos), escalada (de 6 a 17 anos), tai-chi (a partir de 18 anos), tiro con arco (a partir de 7 anos), ximnasia rítmica (a partir de 4 anos), ximnasia de mantemento (a partir de 18 anos), patinaxe (a partir de 4 anos), tenis (a partir de 7 anos) e zumba (a partir de 16 anos).

As actividades culturais nas que a veciñanza poderá inscribirse a partir de mañá son pintura e a completa proposta da escola de música para grandes e pequenos.

Para máis información sobre estas actividades ou para inscribirse nelas, os interesados deben poñerse en contacto coa Oficina de Información Xuvenil (OMIX) presencialmente no primeiro andar da Casa do Concello, por teléfono chamando ao 981 470338 (extensión 1) ou por correo electrónico omix@mugardos.gal. O horario de atención presencial ou telefónica é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

HORARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS:

Back to top