Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A HISTORIA DA PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO DA MAN DO VICEALMIRANTE TAJUELO

Ángel Tajuelo Pardo de Andrade dará dúas charlas-coloquio o 2 e o 16 de setembro no Salón de Plenos do Concello ás 19.30 horas

A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, presentou hoxe as dúas charlas – coloquio “La primera vuelta al mundo: Magallanes y Elcano” que dará o Vicealmirante mugardés Ángel Tajuelo Pardo de Andrade os días 2 e 16 de setembro, nas que falará desta incrible aventura iniciada por Fernando de Magallanes e finalizada por Juan Sebastián Elcano. As charlas terán lugar ás 19.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Tajuelo, gran amante e coñecedor da historia, falará dos preparativos e da expedición do portugués Magallanes (que Elcano completou tralo falecemento do primeiro) cuxo obxectivo era chegar “ás islas das especias”, unha expedición que partiu con 5 naos (Santiago, Concepción, Trinidad, San Antonio e Victoria) das que só a Victoria chegou a destino.

O Vicealmirante mugardés Ángel Tajuelo, que pasou á Reserva en 2001, é especialista en artillería e tiro naval, así como diplomado en Estatística. Tajuelo saíu Alferez de Navío en 1963 e entre 1992 e 1993, sendo Comandante do Buque-Escuela Juan Sebastián de Elcano, deu a octava volta ao mundo deste navío da Armada Española, que tivo unha duración de nove meses e na que á súa chegada a porto, o comandante sinalou que o Elcano cumprira a súa misión de ser unha embaixada flotante de España.

Begoña Roldós sinalou que “con estas charlas – coloquio sumamos á oferta de ocio municipal unha proposta cultural da máxima calidade da man do Vicealmirante Ángel Tajuelo, un mugardés ilustre do que sentirnos orgullosos, e co que aprenderemos e desfrutaremos dunha historia que ten moito que contar aínda, 500 anos despois da chegada o 8 de septiembre de 1522 da Victoria ao Puerto de Santa María”.

Back to top