INICIADAS AS OBRAS DO PUMPTRACK NO BAÑO E DO NOVO ABASTECEMENTO NO VILAR E YAÑEZ BADÍA
O goberno mugardés da un novo impulso ás obras municipais
O goberno municipal informou hoxe do impulso que nestas últimas datas están a experimentar os expedientes administrativos de licitación de obras e servizos, co inicio dos traballos de construcción do pumptrack no Baño e da ampliación da rede municipal de abastecemento de auga potable no Vilar (Franza) e na rúa Yáñez Badía.
A obra de construcción do pumptrack no Baño foi adxudicada a finais de setembro do pasado ano por 74.474, 00 euros a FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA, S.L., pero debido ás condicións do terreo as obras non pudieron iniciarse ata hoxe mesmo, e teñen unha duración prevista de 60 días.
Coa firma o pasado luns do contrato para a ampliación do abastecemento no Vilar e Yáñez Badía á empresa CONSTRUCCIONES GONZALEZ Y GONZALEZ S.L. por importe de 48.279,00 euros, realizouse tamén a firma da acta de replanteo e este mesmo xoves iniciaronse unhas obras que contan cun prazo de catro meses para ser executadas pola empresa adxudicataria.
Desde o goberno confirmouse tamén que este mesmo xoves, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local procedeuse á aprobación do inicio do expediente de contratación da redacción do proxecto, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción da biblioteca pública municipal, requisito indispensable para poder máis adiante, licitar e realizar a obra da nova biblioteca municipal. A licitación do servizo de redacción do proxecto realízase partindo dun orzamento base de 62.559,42 euros.
Desde o departamento de contratación municipal confirmouse que ao longo do mes de xuño está previsto dar o visto bó a unha decena de licitacións máis: as das obras da pista multideporte e o parque infantil no Baño, a mellora da rede de augas pluviais no porto de Mugardos, a mellora de camiños municipais na rúa do Penedo e Franza de Abaixo, melloras de camiños municipais nas rúas Coruto, Lodairo, Igrexia de Franza e Galiñeiro, Mellora da área recreativa de Beiramar e os seus accesos, a reforma do Mercado Municipal de San Telmo, á mellora de servizos e pavimentación da rúa Rosalía de Castro, e a firma do contrato coa nova empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar municipal e Caldoval.
Desde a Concellería de Facenda incidiuse na importancia que tivo a aprobación dos orzamentos municipais para desbloquear os expedientes de licitación de obras e servizos que estaban pendentes da existencia de crédito para a súa realización.