Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REFORZO DA LIMPEZA VIARIA CUN NOVO SERVIZO DE DESBROCES DE PISTAS E ESTRADAS

Mugardos, 28 de xaneiro de 2022.- Jorge Kuntz, concelleiro de Servizos, informou de que na Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte procedeuse á adxudicación do contrato de desbroce de taludes, cunetas e plataformas das pistas e estradas municipais durante os vindeiros dous anos por un importe de case 120.000€. Centrarase no desbroce de taludes, cunetas e plataformas

As tarefas a realizar incluirán todas as operacións necesarias para desbrozar a vexetación existente nas vías municipais como plantas, arbustos, especies herbáceas, etc así como as que sobresaen sobre o viais. A empresa deberá realizar os traballos cos medios tanto mecánicos, como tractores con rozadora con brazo lateral, materiais, equipos, ferramentas, útiles e aparellos, como manuais con peóns con rozadoras de man (de gasolina, fouces,  motosierra, etc.).

A empresa estará obrigada tamén por contrato á limpeza e xestión dos restos e residuos creados e que xurdan como consecuencia dos traballos de desbroce realizados á súa finalización. E durante os mesmos, deberá encargase da ordenación do tráfico que permita a correcta execución e incluso, se fose necesario, da sinalización dos posibles desvíos de tráfico a realizar para manter e garantir a seguridade viaria.

Kuntz quixo destacar a importancia deste servizo para “emendar o problema viario de diversas pistas e estradas municipais invadidas pola maleza.  A vexetación que crece nas marxes das estradas causa un efecto perxudicial ao vial así como aos usuarios e á seguridade e comodidade da circulación”.

Así mesmo, o concelleiro lembrou que “o feito de que o Concello non dispoña dos medios persoais e materiais necesarios para poder realizar estas actuacións non pode ter como consecuencia que en puntos concretos do concello a maleza chegue incluso a reducir o ancho da calzada así como a visibilidade, e supoña un perigo para peóns e vehículos. Con este contrato estes problemas desaparecerán e lograremos garantir a seguridade e a limpeza das taludes, cunetas e plataformas das pistas e estradas municipais”.

Back to top