Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A mediados de febreiro se ampliará o servizo de transporte metropolitano das fins de semana

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, confirmou na mañá de hoxe que a empresa UTE Hércules Norte mantén o seu compromiso de ampliar o servizo de transporte metropolitano no concello de Mugardos, e concretou que os cambios pendentes no servizo de fin de semana chegarán a partir de mediados de febreiro.

O alcalde trasladou esta información logo da nova reunión mantida coa empresa, na que se avaliaron os cambios xa realizados nas frecuencias e percorridos que entraron en vigor no día de onte, e que se aplican de luns a venres, ampliando as liñas e frecuencias, así como os pasos das liñas polo Seixo.

De Deus sinalou que “estamos esperanzados cos cambios realizados e grazas ao traballo conxunto realizado entre o goberno municipal e a veciñanza para mellorar o servizo realizáronse avances nas solicitudes trasladadas aos responsables do servizo (empresa e Xunta). Agradecemos a resposta dada tanto pola Dirección Xeral de Mobilidade como pola empresa concesionaria, e seguiremos traballando”.

O alcalde aproveitou para facer unha reflexión que calificou como moi relevante cara o futuro “O traballo realizado para solucionar o problema do transporte metropolitano deu bos resultados porque tanto os usuarios como o goberno municipal traballaron conxuntamente e trasladáronse aos responsables as posibles solucións. Trabállase pola mellora dun servizo importante e chamamos a todas as portas onde se poidan atopar solucións, nada máis. Estamos no camiño correcto e espero que dentro dunhas semanas cando rematen os cambios, os usuarios e usuarias mugardeses estén satisfeitos”.

O alcalde confirmou que na reunión mantida no día de hoxe xa se trasladou á empresa que están a detectarse retrasos na saída do colexio Unión Mugardesa, e lembrou que os veciños e veciñas poden seguir informando de calquera incidencia ou recomendación sobre o transporte metropolitano enviando un correo electrónico a alcaldia@mugardos.gal , a través do WhatsApp do servizo Mugardos en Liña ou por presencialmente no propio concello de 9.00 a 14.00 horas. 

Back to top