Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O prazo para solicitar praza nos comedores escolares municipais será do 1 ao 15 de xullo

O Concello de Mugardos abrirá o prazo de inscrición para solicitar praza nos comedores escolares municipais entre o 1 e o 15 de xullo. As persoas interesadas deberán descargar a instancia e impresos no seguinte enlace: https://mugardos.gal/benestar-social/comedores-escolares-municipais-bienestar/#1590305233833-fe80ef55-1f45

Ademáis, haberá que adxuntar a declaración do IRPF dos membros da unidade familiar correspondente ao ano 2020.

E o IRPF dos proxenitores que hai que presentar é o do exercizo 2020.

O servizo de comedor escolar municipal é un servizo educativo, complementario, compensatorio e social, e resulta unha valiosa ferramenta de conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

O Concello de Mugardos conta con dous comedores escolares municipais, no CEIP Unión Mugardesa e no CEIP Santiago Apóstol de Franza. Poden facer uso deste servizo os alumnos e alumnas matriculados en cada un dos dous centros.

O comedor escolar municipal situado nas dependencias do CEIP Unión Mugardesa (instalacións de 72 metros cadrados) ten en una capacidade de 58 comensais. No caso das instalacións do CEIP Santiago Apóstol (40 metros cadrados) conta con 24 prazas. Para poñer en marcha estes servizos debe haber unha demanda mínima de 7 solicitudes.

Ambos comedores teñen servizo de almorzo (07.30h. – 09.00h.) e servizo de xantar (14.00-16.00 h.). Durante o curso 2020/2021, o horario do servizo de xantar e o número de prazas reducíronse de cara ao cumprimento das medidas sanitarias e protección do alumnado. O vindeiro curso 2021/2022, se a situación e medidas sanitarias o permiten, volverase á situación inicial de horarios e prazas.

Por seguridade dos e das comensais, e agás os horarios das quendas de saída, as portas dos centros permanecerán pechadas durante o horario de comedor.

Os menús elabóranse de acordo con criterios de alimentación sana e equilibrada do alumnado, que figuran na guía “Menús saudables no comedor escolar” editada pola Xunta de Galicia.

O servizo de xantar de ambos comedores escolares muncipais está cofinanciado a través dun convenio coa Consellería de cultura, educación e universidade da Xunta de Galicia.

Back to top