Convocatoria do curso de formación para obter o certificado de Socorrista en medios acuáticos naturais
A Mancomunidade de Municipios convoca un curso para obter o certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais, dirixido a persoas empadroadas en calquera dos concellos do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas (Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, MOeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior).
As bases íntegras do proceso selectivo encóntranse publicadas no taboleiro da web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol www.comarcaferrolterra.es
A presentación de instancias realizarase no rexistro electrónico da Mancomunidade (mancomunidade@ferrol.es) conforme ao modelo que figura como Anexo I, no prazo de oito días naturais dende a publicación do anuncio no BOP da Coruña.