O CONCELLO CANCELA A CELEBRACIÓN DA 30ª EDICIÓN DA FESTA DO POLBO POLO COVID-19
Mugardos, 24 de marzo de 2021.- A Xunta de Voceiros do Concello de Mugardos reunida no día de hoxe acordou por unanimidade a cancelación da 30ª edición da Festa do Polbo, cuxa celebración estaba prevista para o mes de xullo de 2021.
Os motivos polos que se anula por segundo ano consecutivo a celebración desta festa, son exclusivamente sanitarios. A continuidade da pandemia do COVID-19, unida á reducción dos aforos nos espazos exteriores e interiores (motivada pola necesidade de manter a distancia interpersoal) e ás restriccións á mobilidade fan imposible a celebración desta festividade na situación actual.
Segundo apuntou o Alcalde de Mugardos, Domingo Deus, “esta decisión tómase en consenso con tódolos grupos políticos e coa hostelería, á que se apoiará e compensará cun plan de dinamización que se presentará próximamente”.