Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESCAPE ROOM MUGARDOS

Escape Room é un xogo cooperativo, unha ginkana de interior no que un grupo de persoas teñen que superar probas, descifrar códigos e enigmas para abrir cadeados e maletas e saír do espazo interior.

Nesta actividade proponse unha viaxe ao pasado para representar a vida das mulleres e homes de mediados do século XX. Un personaxe disfrazado de mordomo presenta a mansión dos seus defuntos señores. Ela era unha fervente activista polos dereitos das mulleres e fiel seguidora de Clara Campoamor na súa loita polo sufraxio universal. Textos como o contrato de mestras de 1923, ou o decálogo da boa esposa e ambientación da época son a base dos códigos que os e as participantes deben descifrar para chegar ao futuro, ao seu tempo presente.

Nesta sala imaxes e obxectos escenifican conceptos como a fenda salarial, a violencia de xénero e as redes sociais. Nesta viaxe evidénciase o conseguido ata a actualidade pero tamén a crúa realidade e o que nos queda por avanzar.

A DURACIÓN de cada pase é de 45 MINUTOS APROX, e logo desinfectarse e ventilarase o local. Dada a situación sanitaria actual adaptarémonos ás medidas de hixiene e sanidade: máximo 4 persoas non convivintes por grupo, uso de xel hidroalcóholico, máscaras, tempo entre grupos para desinfección e limpeza da sala, uso restrinxido de aseos públicos…

Está pensado para que acuda público familiar, xuvenil e adulto. Polas medidas covid e a propia actividade o número máximo por grupo son 4 persoas, polo que é preciso apuntarse nun determinado horario para poder asistir, ou, de non especificarse, se adxudicará por parte da organización.

Podedes enviar un mail a servizos.sociais@mugardos.gal co nome das persoas do grupo, ata o mércores 31 de marzo ás 12.00 h.

Éstes son os horarios disponibles que podes elixir. A organización confirmará a dispoñibilidade do horario e día que se solicita.

Back to top