Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

As mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigmas, estereotipos nin violencia, un futuro que sexa sostible, pacífico, e con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas. Este 8 de marzo queremos destacar aínda mais o traballo de coidados realizado maioritariamente por mulleres en todo o mundo, e que a pandemia mundial sacou da sombra.

As mulleres desempeñan un papel desproporcionado na resposta ao virus mesmo como traballadoras sanitarias e sociosanitarias en primeira liña como coidadoras no fogar. Por iso, para recoñecer e valorar de forma xusta e realista o papel dos coidados, infravalorados pero esenciais para a vida, que exercen maioritariamente as mulleres tanto en traballos remunerados como non remunerados, colgamos uns mandís dos balcóns do Concello, como recoñecemento e homenaxe a este traballo invisible.

Por todas as mulleres, por todos os dereitos, que todos os días sexan 8 de Marzo.

Back to top