Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO E A XUNTA REALIZAN OBRAS DE MELLORA NOS COLEXIOS DE MUGARDOS

O pasado venres finalizaron as obras de construcción do novo baño do comedor escolar do CEIP Unión Mugardesa. A obra foi solicitada polo Concello de Mugardos á Consellería de Educación co obxectivo de mellorar a seguridade do alumnado. As obras foron sufragadas íntegramente pola Xunta de Galicia.

O Concello de Mugardos segue a apostar por aumentar a calidade do servizo de comedor. Nos vindeiros días está prevista a instalación de mamparas e mosquiteiras nas fiestras, obrigatorias para poder ventilar o comedor segundo a normativa sanitaria anti-COVI 19.

Todas estas melloras súmanse á colocación dunha carpa solicitada pola comunidade educativa no patio, para facilitar un lugar abrigado entre o alumnado ante a actual situación derivada da pandemia. Tamén tense contratado unha empresa de limpeza, encargada da desinfección dos CEIPS de Mugardos, tres veces ao día, como establecen os protocolos Covid, a maiores dos limpiadores municipais.

Back to top