SERVIZO ACTUAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Está a funcionar o servizo de información, préstamo e devolución. Permítese o acceso á sala co obxecto de seleccionar o material que se desexe, mais non está operativo o servizo de consulta en sala, polo que non se permite permanecer na biblioteca mais tempo do preciso para a realización destas xestións, así como tampouco o uso da mesa para fins de estudo, traballo, realización de tarefas escolares, etc.
Co fin de garantir as medidas de seguridade estipuladas, está operativo un equipo informático de uso público cun tempo limitado por usuario/a e sesión de 30 minutos.