Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS INICIA A RECUPERACIÓN DE FONTES E LAVADOIROS MUNICIPAIS PARA POÑELOS DE NOVO EN VALOR

A Concellería de Obras e Servizos de Mugardos, dirixida por Jorge Kuntz, ven de iniciar o proxecto de recuperación das fontes e lavadoiros municipais, que se desenvolverá en dúas fases.

A primeira actuación xa está en marcha e consiste na adecuación de fontes no Seixo, Mugardos e San Xoán. En total son 7 fontes nas que xa se iniciaron os traballos de mantemento. As obras consisten no lavado, reparación de elementos de albañilería e pintura.

A segunda e derradeira fase implica aos lavadoiros e fontes cercanas. Para levar a cabo esta actuación, precísase permiso de Aguas de Galicia xa que os lavadoiros están afectados polo cauce de ríos e algún deles están catalogados.

Esta fase iniciarse tras a elaboración da memoria de actuacións na que se recollerán os lavadoiros que contan con esta distinción, como o de a Redonda, Esteiro, San Vitorio ou Seaña.

Back to top