Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEMINARIO WEB PARA EXPLICAR A HOSTALEIROS E CLIENTES O USO DO CÓDIGO QR, OBRIGATORIO A PARTIR DO VENRES 5 DE MARZO

A Xunta de Galicia organizará mañá mércores día 3 de marzo, ás 11:00 horas, unha sesión informativa online (webinar) para explicar a hostaleiros cómo obter o código QR co que se controlará o cumplimento da normativa COVID nos locais de hostalaría de Galicia. Dito código será obligatorio a partir do venres 5 de marzo.

Para asistir, os hostaleiros poden inscribirse no seguinte enlace:

Link sesión informativa online para hosteleiros

Posteriormente, deberán rexistrarse pulsando na ligazón “Registrarse” debaixo do logotipo da Xunta de Galicia. Unha vez rexistrados, chegaralles un correo electrónico automático confirmando a inscrición e a ligazón de acceso ao  webinar. En caso de non recibir o correo, comproben que non esté na carpeta de “spam”.

En caso de ter dificultades para conectarse ao evento, pódese pedir asistencia no correo:

cau-videoconferencias@xunta.gal

Na videoconferencia participarán a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava
Castro, o Secretario Xeral Técnico do Sergas, Alberto Fuentes, e o xefe da Área de Innovación Turística, Jorge Barreiro Rodas. Os tres explicarán cómo, a través da ferramenta Turespazo, os establecementos poderán descargar o código QR necesario para a apertura dos establecementos de hostalaría, obrigatorio a partir do 5 de marzo. Tamén se ensinará a usar a plataforma Turespazo.

DESCARGAR PDF Guía Rápida de uso de Turespazo
DESCARGAR PDF Procedemento declaración responsable aforo

Back to top