Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONVOCADA A 14ª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE MUGARDOS”

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a 14ª edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co galo do Día da Poesía, o vindeiro 21 de marzo. O anuncio foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A temática é libre e a lingua a empregar será o galego.

Establécense 3 categorías, en función da idade:

  • Para participantes ata os 12 anos de idade.
  • Para participantes de 13 a 17 anos.
  • Para participantes de 18 ou máis anos.

Os premios consistirán en bonos para mercar libros. O gañador da primeira categoría recibirá un bono por valor de 40 €, o da segunda de 60 € e o da terceira de 100 €. Os nomes dos gañadores e a data da entrega de premios se coñecerán o Día Mundial da Poesía, o vindeiro 21 de marzo de 2021.

As poesías premiadas quedarán no poder do Concello de Mugardos, como parte do seu patrimonio cultural, que poderá ceder ao premiado o uso e reproducción das mesmas.

Os participantes deberán presentar as súas obras no Rexistro de Entrada do Concello de Mugardos, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. A Concelleira de Cultura de Mugardos, Begoña Roldós, animou a tód@l@s mugardeses e mugardesas a participar neste concurso, “que xa vai pola decimocuarta edición, e co que se trata de promover o gusto pola poesía entre a xente de tódalas idades” sinalou a edil.

Back to top