MUGARDOS CELEBRA HOXE O DÍA DE ROSALÍA
O Concello de Mugardos celebra hoxe o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837- Padrón 1885), a figura femenina máis importante de tódolos tempos.
A Praza do Concello tense engalanado cunha imaxe da poeta e globos coas cores da bandera de Galicia. Ademáis, o Concello repartirá marcapáxinas nos centros escolares para difundir o seu legado.