Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AS OBRAS PREVISTAS NO CENTRO DE SAÚDE EXPERIMENTARÁN MELLORAS SOBRE O PROXECTO INICIALMENTE PREVISTO

O Alcalde de Mugardos Juan Domingo de Deus foi informado hoxe polo Delegado Provincial de Saúde das causas da paralización das obras que se están a realizar no centro de saúde mugardés.

Logo das xestións realizadas polo rexidor para coñecer de primeira man a situación das actuacións no centro sanitario, o Delegado Provincial informou de que a causa do retraso nas obras é que están a realizarse unhas adaptacións no proxecto, a petición dos profesionais do centro, o que esto supón unha obriga legal de supervisión do mesmo que conleva a paralización da obra ata recibir a nova autorización.

Por parte da alcaldía solicitouse aos responsables autonómicos a máxima axilidade nas obras, dada a importancia de poñer a disposición da veciñanza as instalacións ao 100% da súa capacidade o antes posible.

Back to top