INCORPOROUSE UN NOVO POLICÍA LOCAL Á PLANTILLA MUGARDESA
Miguel Mahía, responsable da área de Persoal informou do inicio hoxe do seu traballo no concello dun novo axente de Policía Local.
A toma de posesión da praza definitiva deste novo membro da plantilla municipal tivo lugar onte, en presencia do secretario municipal, o Alcalde e o concelleiro de Persoal.
Segundo informou o Alcalde Juan Domingo de Deus, a intención do goberno municipal é ampliar a plantilla da policía local cun novo axente cada ano, para chegar ao final da lexislatura no ano 2023 con 6 axentes, frente aos 2 únicos axentes en plantilla que tiña o Concello de Mugardos en 2019.
O concelleiro de Persoal, responsable tamén da área de Facenda, confirmou que xa se recolle no borrador de orzamentos para 2021 un aumento da partida destinada á Policía Local para a incorporación dun novo axente durante ese ano, o que permitiría que se chegase aos 4 axentes, situación que non se produce en Mugardos desde hai case 10 anos, debido a que a plantilla da Policía Local viviu desde entón dúas xubilacións sen que se cubrise ninguna das prazas, ata hoxe.