Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MANIFESTO POLO 25 DE NOVEMBRO

Co motivo do   25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller o Concello de Mugardos adheriuse  á campaña DE FRONTE á violencia de xénero, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña. No pleno que se celebrará hoxe gardarase un minuto de silencio por todas  as víctimas de este tipo de violencia.

Este é o texto íntegro do manifesto aprobado polo concello de Mugardos:

O 25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 co obxectivo de unir as voces da comunidade internacional contra a violencia sufrida polas mulleres en  todo o mundo.

Por este motivo, o Concello de Mugardos, quere unirse á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, lembrando ás mulleres asasinadas e expresando as nosas condolencias ás familias,  a todas as mulleres que seguen a sufrir en silencio calquera forma de maltrato, e especialmente ás vítimas máis vulnerables, rexeitando todas as manifestacións desta violencia que se leva a cabo contra as mulleres e centrando a atención dun xeito especial nas agresións sexuais, especialmente as que sofren as mulleres novas, para intentar erradicar estes comportamentos a idades temperás, evitando así a súa reprodución na idade adulta.

Dende o Concello de Mugardos, reivindicamos a necesidade de seguir promovendo accións neste sentido, promovendo dende a educación, o respecto e os valores, sinalando socialmente como inaceptables aquelas condutas discriminatorias e sexistas, erradicando aquelas actitudes e comportamentos que reproducen a desigualdade.  Lamentamos que cada día que pasa máis mulleres continúen a sumarse a unha abafadora lista de ataques, expresando o noso rexeitamento a todas as manifestacións desta violencia e declarando tolerancia cero para os maltratadores, só deste xeito será posible construír unha sociedade baseada no respecto e a igualdade  .

Back to top