Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE CULTURA COLABORA NAS XXXI XORNADAS DE TEATRO AFECCIONADO NA SOCIEDADE DE AMIGOS DA PAISAXE GALEGAO SEIXO

A Concellería de Cultura informou hoxe da colaboración do Concello de Mugardos coa Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega O Seixo para o desenvolvemento das XXXI Xornadas de Teatro no Seixo do 3 ao 5 de decembro.

A obra programada para o día 3 de decembro é “Rilla-rilla na lingua” do grupo Xarope Tulú, un espectáculo de pequeno formato dirixido a todos os públicos, que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma.

O 4 de decembro chégalle o momento ao grupo Baobad Teatro coa obra “Ris Ras”, un espectáculo que fai viaxar ao público a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (A lúa e o Sol).

Para rematar, o día 5 o grupo de teatro afeccionado Teruca Bouza interpretará a obra “Am(é)n”.

Nesta trixésimo primeira edición das xornadas de teatro, todas as obras desenvolveranse ás 19.00 horas no local da sociedade e terán un aforo máximo de 30 persoas. Como cada ano, as entradas serán de balde.

O nacemento destas xornadas foi froito do traballo de Manolo Basoa amante da cultura e máximo impulsor tamén da compañía de teatro Teruca Bouza. Hoxe é a directiva da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega O Seixo a que traballa arreo para pór enriba do escenario unha proposta interesante e atractiva para o público.

Back to top