Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REFORZA A SINALIZACIÓN VIAL LOGO DA REALIZACIÓN DUN ESTUDO DO COMPORTAMENTO NA CIRCULACIÓN

A Concellería de Mobilidade dirixida polo Alcalde Juan Domingo de Deus presentou hoxe as medidas de reforzo da sinalización nas vías das contornas dos centros de ensino, logo do análise dos resultados obtidos pola Policía Local de Mugardos do estudo de comportamiento na circulación realizado as pasadas semanas.

A Policía Local realizou estudos de velocidade preto dos centros de ensino situados no municipio, como na rúa do Cristo nas proximidades do pavillón e o instituto. Así mesmo, tamén realizáronse medicións na vía Francisco Yáñez na contorna do CEIP Unión Mugardesa, en Francisco Vizoso á altura do CEIP Santiago Apóstol, e en Curros Enríquez ao redor do Colexio Loyola.

As conclusións obtidas foron que resultaba urxente a adopción de medidas para a reducción da velocidade de circulación dos vehículos nestas zonas, logo de que os datos revelaran a existencia de graves incumprimentos das limitacións de velocidade. O exemplo máis gráfico foi a detección dun vehículo que circulaba a 113 km/h nun tramo limitado a 50 km/h.

Así, De Deus informou que a Policía Local urxiu ao reforzo da sinalización horizontal mediante a instalación de reductores de velocidade e a mellora da sinalización vertical.

“As medidas do concello xa están adoptadas, pero necesitamos da concienciación da veciñanza para que todos xuntos podamos facer das nosas vías un lugar máis seguro” rematou Juan Domingo de Deus.

Back to top