Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES BAIXA DOS 30 DÍAS

O goberno municipal presentou na Comisión Informativa de Facenda a evolución dos datos do periodo medio de pago a proveedores do Concello de Mugardos dos últimos meses.

Ao finalizar o ano 2019, o periodo medio de pago a proveedores estaba situado nos 27 días e o goberno municipal fixo fronte ao pago de 1.033.147,31 € (case tanto como a suma dos dous trimestres anteriores) e segunda cifra máis alta de pagos nun trimestre desde que hai rexistros.

O prazo de pago a proveedores aumentou en marzo de 2020 ata os 50 días, logo de ter que facer fronte ao pago de case 850.000 euros.

Finalmente, no segundo trimestre de 2020, as cifras presentadas sinalan que a 30 de xuño de 2020 o periodo medio de pago a proveedores descendeu ata os 26 días, deixando apenas 66.746 euros pendentes de pago, tamén o segundo dato máis baixo desde que hai rexistros.

O concelleiro Miguel Mahía sinalou que as afirmacións do goberno sobre o traballo realizado en canto a pagos e xestión económica “quedaron avaladas polas cifras presentadas. Desde decembro de 2019 ata o 30 de xuño o importe dos pagos realizados, que ascenderon a máis de 2.600.000 euros, foi superior a todos os pagos realizados nos catro trimestres anteriores xuntos”.

Mahia confirmou que “pensamos que o periodo medio de pago a proveedores non vai volver superar os 30 días que sinala a lei, xa que por fin acadamos a estabilidade necesaria, e somos conscientes da importancia que ten para os proveedores, pemes e autónomos que traballan para o concello ser puntuais nos pagos, e moito máis coa incerteza económica actual”.

Back to top