Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS INCORPORA DOUS AUXILIARES DE POLICÍA

No día de hoxe a Concellería de Persoal firmou a incorporación de dous auxiliares de policía que formarán parte da plantilla municipal durante os próximos seis meses.

Os dous membros da policía inician mañana o seu traballo para o Concello e elevarán o total do corpo policial ata os 5 efectivos (3 axentes e 2 auxiliares).

As tarefas principais dos dous novos membros da plantilla da Policía Local serán as de auxilio aos veciños e veciñas, a colaboración cos funcionarios da Policía Local así como a vixiancia e custodia dos bens e servizos municipais. Igualmente velarán polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demáis disposicións municipais.

“A incorporación deste dous auxiliares permitirá reforzar o traballo da Policía Local nestes tempos de confinamento. As tarefas da Policía Local estes días non son as habituais, pero a carga de traballo para eles é enorme” sinalou o concelleiro de personal Miguel Mahía logo de firmar a incorporación dos dous auxiliares.

O Concello firmou fai 2 meses un convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) co que se adheriu á súa bolsa de contratación, e axilizou os procesos selectivos.nestes tempos de confinamento. As tarefas da Policía Local estes días non son as habituais, pero a carga de traballo para eles é enorme” sinalou o concelleiro de personal Miguel Mahía logo de firmar a incorporación dos dous auxiliares.

Back to top