LISTAXE PROVISIONAL DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DAS AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE
A comisión de valoración das axudas de ensino e transporte do Concello de Mugardos para o curso 2020/2021 propón a seguinte listaxe provisional de axudas concedidas, denegadas e pendentes de documentación.
Ábrese un prazo de cinco días hábiles, do 1 de outubro de 2020 ao 7 de outubro de 2020 ámbolos dous inclusive, para que as personas que así o consideren aleguen o que estime pertinente en defensa dos seus intereses. Transcorrido este prazo a Comisión emitirá unha proposta definitiva e de seguido será aprobada pola Alcaldía. De non existir reclamacións no prazo estipulado, a lista provisional elevarase a definitiva.
Na seguinte ligazón pode consultarse a listaxe provisional: