Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axuda aos damnificados polo volcán de La Palma

O Concello de Mugardos ponse a disposición do Cabildo de La Palma para prestar axuda económica aos afectados pola erupción do volcán.

A Concelleira de Benestar Social de Mugardos, Ana Varela Bastida, ven de conversar telefónicamente coa Secretaría de Presidencia do Cabildo de La Palma para ofrecer a colaboración do Concello de Mugardos en todo o que poda ser de axuda para os veciños damnificados polo volcán.

Dende o Cabildo pedíuse axuda económica, a través da conta habilitada para tal fin. No referente ao envío de material como mantas, alimentos ou mascarillas, non se contempla inicialmente esta necesidade ainda que de ser necesario no futuro, poderían organizarse envíos oportunos de ser o caso.

Back to top