VI XORNADA SOBRE A MUGARDOS ROMANA
O Centro de Interpretación de Caldoval celebrará o vindeiro 19 de outubro a súa tradicional Xornada sobre a Mugardos romana, que este ano chega á súa sexta edición. O evento terá lugar durante a mañá, de 10:00 a 14:00, e consolidouse como unha cita imprescindible para todas as persoas interesadas na historia romana e no seu impacto na comarca de Ferrolterra.
A VI Xornada sobre a Mugardos romana reunirá a expertos e profesionais en distintos ámbitos, que ofrecerán ponencias especializadas sobre a presenza romana na zona, o xacemento de Caldoval, e as labores didácticas relativas a este período histórico. Este encontro anual brinda unha excelente oportunidade para profundar no coñecemento do pasado romano de Mugardos e a súa contorna.
O evento é gratuíto e está dirixido a un público amplo, desde especialistas ata afeccionados e estudantes que desexen aprender máis sobre o legado romano en Galicia. A inscrición xa está aberta e pódese realizar chamando ao 687 072 116 durante o seu horario de apertura ou enviando un correo electrónico a info@museocaldoval.gal.