TEATRO FAMILIAR ESTE VENRES NO CASINO DE FRANZA COA OBRA ‘AS 7 BOINAS DO AVIADOR’ DE FANTOCHES BAJ
O Casino de Franza acolle este venres 8 de maio ás 19:00 horas a peza teatral para público infantil e familiar ‘AS 7 BOINAS DO AVIADOR’ a cargo de Fantoches Baj.
Neste 2026 conmemórase o centenario do primeiro voo entre Madrid e Manila levado a cabo por tres capitáns entre os que se atopaba o aviador galego Xoaquín Loriga. A compañía teatral Fantoches Baj, trae a Loriga ao escenario para contarlle ao público presente as vicisitudes, os perigos e os accidentes que o levaron a perder sucesivamente seis das sete boinas que tiña. Un espectáculo no que se mesturan a diversión e a aprendizaxe nunha viaxe transatlántica.
Un espectáculo enmarcado no programa de dinamización do galego FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL).