SUSPENDIDA TEMPORALMENTE A RENOVACIÓN E EXPEDICIÓN DO DNI NO CONCELLO
Desde a Concellería de servizos do Concello de Mugardos infórmase á veciñanza que a Policía Nacional vén de anunciar que quedan suspendidos os traslados das unidades móbiles aos concellos para a realización das expedicións e renovacións dos DNI, debido á crise do coronavirus.
Polo tanto, os veciños e veciñas que tiveran solicitado cita previa para a realización de dito trámite non deberán presentarse os días 1 e 3 de abril, data prevista para o traslado da unidade móbil da policía ás dependencias municipais, posto que dita tramitación queda completamente cancelada.Unha vez restablecida a normalidade, as persoas afectadas deberán concertar de novo unha cita previa.
Aquelas persoas que requiran a expedición de documentos por motivos de urxencia debidamente xustificados deberán trasladarse ás oficinas do DNI de Ferrol ou A Coruña.