SUBVENCIÓNS “XEMPRE EMPRENDEMENTO”
Hoxe publicáronse no DOG as subvencións “Xempre Emprendemento” para apoiar iniciativas de emprendemento.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexirá a convocatoria pública de subvencións “Xempre Emprendemento” para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2022 (código de procedimiento TR880A).
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio á financiación da inversión realizada e pagada entre o 1 de xaneiro de 2022 ata á data da presentación da solicitude.
Serán subvencionables as inversións que correspondan de forma indudable ao proxecto empresarial que iniciou a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022. En concreto:
- Equipo informático.
- Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financieira.
- Inversións en eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipo e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de equipo de segunda man (baixo certos criterios)
Para máis información consultar: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220930/AnuncioG0656-270922-0004_es.html