Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SIMULACRO DE EMERXENCIA EN PUNTA PROMONTOIRO

O mércores 14 de xuño realizarase un Simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro (Forestal do Atlántico). Trátase dun exercicio que se realiza de forma anual e non supón perigo algún.

Soarán as sirenas e se mobilizará un amplo dispositivo. Participarán o GES, a Policía Local de Mugardos e a ambulancia do PAC de Pontedeume. Axentes municipais e Garda Civil controlarán os accesos ás instalacións das empresas de Punta Promontoiro.

Lembramos que non é un siniestro real senón un hipotético accidente, polo que a poboación non debe preocuparse.

Back to top