Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEMANA SANTA 2021 EN CALDOVAL

Durante a semana Santa de 2021 Caldoval ampliará o seu horario abrindo do día 30 ao 4 de abril no seu horario habitual de 10:30 a 14:00 h polas mañás e de 16:30 a 20.00h polas tardes.

Durante estas datas e para conmemorar as festas realizarase un obradoiro especial dirixido ao público familiar. No século XVI xorde en Occidente a costume de imitar e recrear a Paixón de Cristo, dando lugar a unha das máis enraizadas tradicións da nosa cultura: as procesións de imaxes relixiosas, que moitas veces son escoltadas por soldados romanos. Por este motivo este ano a actividade proposta desde Caldoval consistirá na fabricación de centurións romanos. O obradoiro terá lugar todos os días ás 11.30h e ás 17:30h, pero este ano, por mor da situación sanitaria as prazas son especialmente reducidas, polo que será preciso facer inscrición previa.

Tamén de maneira diaria seguiranse realizando visitas guiadas polo persoal do centro ás 10:30h., 12:30h., 16:30h. e 18:30h e todas as persoas que o desexen poderán participar no reto de resolver o xogo de pistas “As doce probas de Caldoval”. Quen teña dotes de detective deberá resolver doce retos diferentes para poder atopar o diñeiro roubado aos antigos donos da vila de Caldoval, Cornelio e Honoria.Todas as actividades son de balde e faranse seguindo de maneira estrita os protocolos de seguridade e de hixiene marcados polas autoridades sanitarias para paliar os efectos fronte á COVID-19.

Para máis información ou para inscribirse nos obradoiros pódese contactar a través do do correo electrónico info@museocaldoval ou do teléfono 687072116 (operativo en horario de apertura do centro).

Back to top