Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SAN XULIÁN E O VOTO DE CHANTEIRO SERÁN OS FESTIVOS LOCAIS DE MUGARDOS EN 2023

O 7 de xaneiro e o 30 de maio uniránse aos outros 12 días festivos nacionais e autonómicos.

O alcalde Juan Domingo de Deus informou hoxe da fixación oficial do sábado 7 de xaneiro e o martes 30 de maio, San Xulián e Voto de Chanteiro respectivamente, como festivos locais do ano 2023.

A estes dous festivos locais no Concello de Mugardos sumaranse en 2023 os outros 12 festivos nacionais e autonómicos, fixados para o Venres Santo (7 de abril), Festa do Traballo (luns 1 de maio), Asunción da Virxe (martes 15 de agosto), Festa Nacional de España (xoves 12 de outubro), Todos os Santos (mércores 1 de novembro), Día da Constitución (mércores 6 de decembro), a Inmaculada Concepción (venres 8 de decembro) e o Nadal (luns 25 de decembro), entre outros.

Back to top