Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATADAS AS OBRAS DO POS 2019 DESBLOQUEADAS NO MES DE ABRIL

A Concellería de Obras informou do remate das obras do Plan de Obras e Servizos 2019. As obras realizadas foron a pavimentación na Seaña, San Vitorio, no camiño de Franza, As Viñas e o Vilar, así como o saneamento na Areosa e a drenaxe no Seixo.

Estas actuacións supuxeron unha inversión de 164.700 euros e centráronse en traballos de pavimentación, mellora do saneamento e drenaxe.

Deste plan de obras POS 2019 está pendente a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local, do que xa se ten iniciado o expediente de licitación.

O concelleiro Jorge Kuntz subliñou que “Estas obras permitiron mellorar a achega de servizos públicos básicos á veciñanza, especialmente nas parroquias. E seguiremos por este camiño, dotando de servizos ás parroquias e mellorando a calidade das prestacións municipais”.

Back to top