RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2025/2026 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ‘AS LAGOAS’
Listaxe provisional de alumnado admitido e excluído da Escola Infantil Municipal para o curso 2025/2026.
Prazo de alegacións: do 01/05/2025 ata o 15/05/2025, ámbolos dous inclusive.
Relación provisional de admitidos/as. A comisión de baremación será competente para efectuar a proposta inicial de cualificación e fará pública a relación provisional, coa puntuación obtida, de admitidos/as e excluídos/as, correspondendo a resolución ao/á Sr./Sra. Alcalde/Alcaldesa. Esta resolución expoñerase no taboleiro de anuncios do concello, no taboleiro da EIM, e poderase consultar na páxina Web do concello
Todo isto consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (BOE 236, do 02.10.2015), que no seu artigo 68 establece un prazo de dez días para que a persoa interesada emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición.