RECORDATORIO DO PRAZO DE AXUDAS PARA A COMPRA DE AGASALLOS DE NADAL
O Concello de Mugardos lembra que o prazo para solicitar as axudas destinadas á compra de agasallos de Nadal, dirixido a familias do municipio que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, finaliza mañá 2 de decembro.
O período de presentación de solicitudes estendeuse do 26 de novembro ao 2 de decembro, ambos incluidos. O Concello recomenda completar o trámite dentro do horario e canles habilitados.
A concelleira de Benestar, Patricia Ruiz de Azcárate, destacou que estas axudas “buscan apoiar ás familias mugardesas nunhas datas especialmente significativas, garantindo que os nenos e nenas do municipio poidan gozar do Nadal en igualdade de condicións”.
Ruiz de Azcárate subliñou ademais “a importancia de que as persoas interesadas non esperen ao último momento para presentar a solicitude, co fin de evitar incidencias e asegurar que todas as peticións entren dentro do prazo establecido”.
Para máis información sobre as bases, documentación necesaria ou forma de presentación, as persoas interesadas poden consultar a páxina web municipal (https://mugardos.gal/es/apertura-del-plazo-de-solicitud-de-ayudas-para-la-compra-de/) ou dirixirse aos servizos sociais do Concello.