Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADO O FALLO DA I EDICIÓN DO CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

A concelleira Begoña Roldós informou da publicación do fallo do xurado do I concurso de adornos de Nadal, que tivo como gañador o adorno do enderezo de Avenida do Seixo nº 40, e unha mención especial ao adorno das Barcias nº 11.

O xurado quixo facer constar que se tivo en conta para a valoración dos adornos o seu deseño, a súa orixinalidade e a utilización de recursos reciclados ou da natureza.

A concelleira destacou que os 11 participantes nesta primeira edición fixeron un traballo precioso, e agradeceu a súa participación e o interese mostrado. “Por iso, o goberno municipal decidiu xa que en 2021 haberá unha segunda edición, con premios en metálico e algúns cambios nas bases para poder ampliar a participación e facer deste evento unha tradición máis do noso concello”.

Back to top