Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMACIÓN DO MES DE XULLO NO MUSEO DE CALDOVAL

Co comezo do verán, o Centro de Interpretación de Caldoval presenta a súa programación de obradoiros e actividades especiais para o mes de xullo. Ademais das visitas guiadas e obradoiros habituais, desenvolveranse unha serie de actividades para as que xa hai data oficial.

A programación especial do verán dará comezo o sábado 5 de xullo cos VII Xogos Romanos, unha xornada para a práctica deportiva e de xogos tradicionais romanos para todos os públicos, ás 11:30 e ás 17:30 h., que non precisa de reserva previa. A segunda actividade será o domingo 13, ás 11:30 e 17:30 h., un obradoiro de xogos de mesa, tamén para todos os públicos (dende os 6 anos), no que se aprenderán os distintos xogos e se elaborará un tres en raia ou “tabula lusoria. Pecharase a programación do mes o sábado 19, tamén en dúas quendas: ás 11:30 ou 17:30 h., cun obradoiro de creación dun abanico pregable romano ou “flabellum”, tamén para todos os públicos (dende 6 anos), un adorno e ferramenta indispensable para o verán. Para estas dúas actividades será necesaria a reserva previa chamando ao número de teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura, ou a través do correo electrónico: info@museocaldoval.gal.

Back to top