Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMACIÓN DO MES DE AGOSTO NO MUSEO DE CALDOVAL

Continúa un verán cheo de actividades culturais, chega o mes de agosto e xa temos aquí a programación deste mes do Centro de Interpretación de Caldoval.

ACTIVIDADES ESPECIAIS

Sábado 2 VII NOITE DE ESTRELAS. Observación arqueoastronómica ás 22:30h para todos os públicos a partir dos 6 anos. (previa reserva)

Domingo 3 FÍBULA. Obradoiro sobre adorno romano ás 11:30h e 17:30h para todos os públicos a partir dos 8 anos. (previa reserva)

Sábado 9 DÍA DE PALESTRA. Practica deporte como xs romanxs ás 11:30h e 17:30h para todos os públicos a partir dos 6 anos

Sábado 30 UNGÜENTARIUM. Obradoiro de perfumería romana ás 11:30h e 17:30h para todos os públicos a partir dos 8 anos (previa reserva)

Ademáis! Todos os sábados e domingos haberá visitas guiadas e os obradoiros habituais. Para reservar a túa praza ou ter máis información contacta chamando ao número de teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura, ou a traves do correo electrónico: info@museocaldoval.gal

Back to top