PROGRAMACIÓN DE NADAL EN MUGARDOS
A concelleira de Cultura de Mugardos, Begoña Roldós, ven de presentar a Programación de Nadal do municipio, na que haberá teatro, panxoliñas, e a visita de dúas figuras tradicionais destas datas: Papa Noel e o Apalpador.
As XXXIV Xornadas de Teatro Afeccionado se desenvolverán entre o 3 e o 10 de decembro, e durante estas datas tamén terá lugar o acendido das Luces de Nadal diante do Concello, coa actuación do Coro de Panxoliñas do Casino Mugardés.
A música voltará de novo o 16 de decembro co Certame de Panxoliñas no que participarán a Rondalla Mugardesa e a Coral Estelas do Mar, no Casino Mugardés. Este lugar tamén será o escenario do Festival de Nadal, protagonizado polo Coro Panxoliñas en colaboración coa Escola de Música Municipal ‘As Lagoas’, esta vez o día 22 de decembro.
A víspera de Noiteboa, Papa Noel visitará o Concello de Mugardos para escoitar os desexos dos máis pequenos e tratará de cumplilos ao día seguinte.
Por último, o Apalpador estará polas rúas da vila acompañado de música tradicional galega, ata chegar á Praza do Mercado na que haberá xogos e merenda para os máis novos.