Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO EN MUGARDOS

O Concello de Mugardos ven de presentar o programa do Entroido 2024, que se celebrará a partires do sábado 10 de febreiro, e na que haberá actividades tanto para o público infantil coma para as personas de maior idade.

O sábado 10 , a partir das 18:30 horas na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo se celebrará o Entroido para maiores de 55 anos, con unha merenda-baile na que ademáis se sortearán cestas con produtos típicos destas datas. Para participar no sorteo, é imprescindible asistir disfrazado/a. Haberá que inscribirse previamente, xa que as prazas son limitadas. Poderá facerse do 1 ó 8 de febreiro nos Servizos Sociais do Concello (2ª pranta).

A continuación, a festa seguirá o luns 12 dende as 18:00 horas co tradicional Luns de Comparsas no que participarán a comparsa ‘Xente de aquí e de Acolá’ e as comparsas formadas por Asociacións e ANPAS do municipio. É un concurso aberto para todas aquelas agrupacións que queiran participar. As comparsas xuntaranse diante do Concello ás 18:00 horas e realizarán un pequeno pasarrúas ata chegar ó Casino Mugardés entorno ás 18:30 horas, onde terá lugar a actuación musical de cada unha delas e se degustarán as tradicionais orellas a partires das 20:00 horas, con entrada libre.

Ao día seguinte, o martes 13 será o turno do Entroido popular cunha festa familiar no Casino Mugardés, con entrada libre e animación musical a cargo de Nova Onda. Ademáis, se sortearán cestas de produtos típicos do Entroido entre os maiores de 18 anos que acudan disfrazados.

Back to top