Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMA PROVINCIAL DE APOIO AO COMERCIO LOCAL DE MUGARDOS

Obxectivos

O obxectivo deste programa da Deputación da Coruña é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente  ás persoas  consumidoras,  así como fomentar  o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

Ademais, o programa ten como finalidade propiciar o fortalecemento do sector comercial da Provincia da Coruña naqueles concellos de menor poboación, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios de proximidade, mellorar  o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionista.

Actividade subvencionable

1.  Por  medio  desta  convocatoria  subvencionarase  a  compra  de  bens,  a  través  de  bonos  de desconto, nos establecementos comerciais retallistas dos concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia da Coruña adheridos ao programa.

2. As vendas subvencionadas serán as que se realicen entre o día 20 de outubro ata o día indicado no artigo 18 destas bases..

3. Estes  bonos non se poderán  empregar  para  a adquisición  de tarxetas  regalo,  vales,  bonos ou similares.

Beneficiarios e requisitos das solicitudes

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de 18 anos, con independencia  do lugar  onde residan,  que realicen  as actuacións  establecidas  no artigo  5 destas bases reguladoras.

Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nestas bases

Alta e requisitos dos comercios para a adhesión ao programa

1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.mercanavila.gal

2. O  prazo  de adhesión  dos comercios  comprenderá  desde o día 6 ao 20 de outubro  de 2025 ás

9:00 horas

3. Poderán adherirse ao programa os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teña polo menos un establecemento comercial aberto nalgún dos Concellos da Provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes que se relacionan no Anexo  I das presentes Bases e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b)  Que  estean  dados de alta  nalgún  dos grupos  ou epígrafes  do IAE  recollidos  no Anexo   II das presentes Bases.

c) Estar exento do pago do Imposto de Actividades Económicas por aplicación do artigo 82.1.c) do

Texto  refundido  da Lei  reguladora  das facendas  locais,  aprobado  polo  Real  decreto  lexislativo

2/2004, do 5 de marzo.

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga  dos bonos polas  persoas  usuarias  realizarase  na web www.mercanavila.gal.  Estes terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

2. Para poder trocar os bonos e facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP habilitada ao efecto pola entidade colaboradora.

3. No momento  da compravenda,  os/as  comerciantes  terán  que introducir  na APP o importe  e o concepto   da  venda,  aparecendo   automaticamente   o  importe   a  cobrar   (unha   vez   aplicado   o desconto). O concepto da venda introducido na APP debe corresponderse coa numeración do tícket ou factura de compra entregada á clientela.

Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

4. Os  bonos descargados  poderanse  utilizar  ata  que o importe  total  dos descontos  efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento desta convocatoria.

Condicións de uso dos bonos

1. Cada  persoa  beneficiaria  disporá  dun único  bono que poderá  ser  usado nun ou varios  dos comercios retallistas adheridos ao programa.

2. Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 100 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €. Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

3. A validez dos bonos estenderase ata o prazo previsto no artigo 18, salvo o esgotamento previo do seu saldo, ou ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o total do orzamento do programa.

4. A través da plataforma tecnolóxica do programa, os/as comerciantes terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico das súas vendas, os bonos xa trocados,  os abonos feitos  pola  entidade  colaboradora  e os demais detalles de cada operación.

5. En caso de devolución do ben ou bens comprados, o importe da compra poderá ser trocado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un vale sen caducidade  polo  importe  correspondente.  O/a  comerciante  non poderá  abonar  á persoa consumidora, en ningún caso, diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito.

6. Non será aplicable o troco desta axuda para as compras en liña.

Back to top