Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMA “ENTÉRATE MUGARDOS”

O Concello de Mugardos pon en marcha unha campaña de sensibilización á cidadanía mugardesa co obxectivo de educar e concienciar en materia de educación afectivo sexual, relación sans de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo das súas rapazas e rapaces que actúan como axentes reais de cambio.

Logo de desenvolver diversos obradoiros nos centros educativos do concello, o alumnado saiu ás rúas para sensibilizar a comercio e empresas locais sobre a prevención e identificación da violencia de xénero. A imaxe da campaña son 4 cartaces deseñados polo alumnado, nos que figuran os valores da igualdade e os teléfonos aos que se pode acudir para denunciar ou solicitar información sobre iolencia de xénero, ciberseguridade, violencia contra a infancia, e Diversidade sexual (LGTBI).Esta campaña enmárcase dentro da programación de prevención da violencia de xénero financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Back to top