Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA O RELEVO XERACIONAL NO SECTOR PESQUEIRO

O departamento de desenvolvemento municipal dirixido polo concelleiro Miguel Mahia informa da posta en marcha dunha iniciativa de carácter formativo, dirixida a xóvenes de 16 a 30 anos, que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas.

O programa formativo levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos, e desenvolverase en dous bloques de catro meses cada un en todos os territorios dos GALP participantes. Haberá 15 prazas en cada bloque de catro meses (30 prazas en total en cada GALP) e o horario (de mañá ou de tarde) será acordado cos inscritos para favorecer a súa participación.

Esta iniciativa é un programa que están a poner en marcha entre varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE ao que pertenece o Concello de Mugardos.

Toda a información, novidades e actualidade do proxecto poden seguirse a través da web oficial www.relevo2020.org, e das redes Facebook e Instagram nas que atópase como “Relevo2020” e o email info@relevo2020.org.

Back to top