POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL INVESTIGAN O ROUBO DE CABLE DO ALUMEADO PÚBLICO EN MUGARDOS
Dous roubos en menos de 24 horas puxeron en alerta ás forzas e corpos de seguridade
31 DE MAIO DE 2022. O concelleiro de Servizos Jorge Kuntz informou hoxe da investigación conxunta da Garda Civil e a Policía Local co obxectivo de esclarecer os roubos de cableado no alumeado público, o primeiro deles no día de onte no tramo da Barca cara O Monte (uns 400 metros aproximadamente) e hoxe, no Lodairo cara Seselle co roubo (doutros 400 metros).
Segundo informa Kuntz xa se está a traballar para a reposición do cable o antes posible, para que os veciños e veciñas recuperen o servizo.