Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO E CEMITERIOS POLO DÍA DE DIFUNTOS

O goberno municipal vén de facer público o plan especial de actuación nos cemiterios elaborado pola Policía Local de Mugardos, que será de aplicación durante os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro e que contempla medidas de control e regulación do tránsito, control de aforo e distancia social.

As medidas de seguridade impostas pola situación de alerta sanitaria son as seguintes:
1. Aforo ao 50 por cento.
2. As visitas non poderán exceder da media hora.
3. Grupos de familiares ou de convevintes non poderán superar as catro persoas.
4. Mantemento da distancia interpersoal.
5. Deberán cumprirse as medidas de protección personal (mascarilla e lavado frecuente de mans).

Tendo en conta o aumento do número de desprazamentos nos cemiterios deste termo municipal e con base nos dispositivos de tránsito doutros anos, é preciso artellar un plan especial para os cemiterios de Mugardos e Meá.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro do plan deseñado:

DESCARGAR PDF Plan especial difuntos 2020

Back to top