Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS VEHÍCULOS DE PROTECCIÓN CIVIL, POLICÍA LOCAL E GES DESINFÉCTANSE CON OZONO

Entre os días de onte e hoxe, o parque automovilístico municipal de Protección civil, Policía Local e Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) desprázase á cidade da Coruña para proceder á desinfección con gas ozono dos vehículos.

A Delegación Terrritoral da Xunta realiza a tarefa de desinfección con dúas unidades de desinfección. Trátase dun procedemento que permite a eliminación dos microbios, bacterias, virus e fungos que puideran estar presentes no aire, teitos e chans, e outras superficies dos vehículos, posto que ozono é o desinfectante e esterilizante máis eficiente contra todo tipo de microorganismos.

 

Back to top