Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS PARQUES INFANTÍS MUNICIPAIS LÍMPANSE E DESINFÉCTANSE A DIARIO

A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informa á veciñanza de que cada día o persoal municipal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal desinfecta e limpa todos os parques públicos.

O traballo é realizado cumprindo a normativa de seguridade e de medidas hixiénico-sanitarias necesarias, e os encargados do mesmo son as unidades do GES para o que aplican viricidas nas instalacións.

Lémbrase tamén desde a concellería que a Policía Local realiza tamén unha vixilancia especial nos parques co obxectivo de supervisar que se está cumprindo o protocolo establecido, esto é, o mantemento na medida das posibilidades da distancia física dun metro e medio entre persoas non convivintes, o uso de máscara facial entre os maiores de 6 anos, e o respecto do aforo máximo estimado dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

O Concelleiro Jorge Kuntz lembrou que a limpeza diaria dos parques infantís é unha obriga marcada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 “Para poder realizar a reapertura dos parques, os concellos vímonos na obriga de realizar a limpeza e desinfección diaria dos mesmos, e no noso caso é unha prioridade manter abertos estos espazos de lecer para os máis pequenos. Estamos moi satisfeitos coa decisión adoptada e lembramos a importancia da desinfección das instalacións pero tamén a importancia de manter o máximo de medidas de seguridade entre os usuarios dos parques para evitar contaxios”.

Back to top