Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS PRESENTAN A XVIII CARREIRA POPULAR DE FIN DE ANO

Ares, 5 de decembro de 2023.- Nunha rolda de prens celebrada hoxe, Alma Barrón, concelleira de Deportes de Ares, xunto ás concelleira de Mugardos Ana Varela e Begoña Roldós, o delegado da Federación Galega de Atletismo, Paulino Cartelle, e a coordinadora de supermercados Familia, Mónica Freire, presentaron a XVIII edición da Carreira Popular de Fin de Ano. Este evento deportivo, organizado conxuntamente por ambos municipios, mantén o seu arraigamento na península de Bezoucos e levarase a cabo o domingo 31 de decembro, ás 11:00 horas, como unha maneira saudable e festiva de despedir o ano 2023.

Durante a mañá de hoxe, as representantes municipais oficializaron os detalles máis destacados da carreira, cun enfoque na participación máis que na competición. Anunciouse a apertura das inscricións, as cales estarán dispoñibles ata o 25 de decembro. Aqueles interesados poderán rexistrarse de forma telemática a través da páxina web www.carreiras galegas.com, abonando unha tarifa de 4 euros por corredor.

A Carreira Popular de Fin de Ano, consolidada como un evento emblemático na zona, ten como obxectivo fomentar a participación de corredores e corredoras a partir dos 16 anos de idade, sen importar o seu nivel de habilidade, destacando o seu carácter popular e lúdico. Nesta edición, a capacidade estará limitada a 500 prazas, polo que se insta aos interesados a formalizar a súa inscrición canto antes para asegurar a súa participación.

O percorrido deste ano será novamente de 10 quilómetros, comezando ás 11:00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Ares e pasando por Mugardos antes de regresar á meta nos arredores de Ares. Como incentivo adicional, a Organización levará a cabo un sorteo de varias cestas con produtos do Nadal en colaboración co supermercado Familia, sen ter en conta marcas persoais ou tempos, mais premiando a finalización do percorrido.

Previo ao evento, a retirada de dorsais, que confirma a asistencia do participante, realizarase os días 28 e 29 de decembro, de 8:00 a 13:30 e de 16:00 a 22:00 hora, así como o sábado 30 de decembro de 9:00 a 13:00 horas, no Complexo Acuático do Castro. Ademáis, o mesmo día da proba haberá a opción de recoller os dorsais na pista exterior do Pavillón Polideportivo de Ares de 9:00 a 10:30 horas.

Back to top