Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OFERTAS DE EMPREGO NA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

A empresa Imán vén de poñerse novamente en contacto coa Bolsa de Emprego do Concello de Mugardos, xa que estanse realizando duas seleccións de persoal. Para máis información e para a presentación de candidaturas, as persoas intersadas deberán poñerse en contacto coa empresa Imán (www.imancorp.es ou chamando ao 881 24 03 11)

  • PRIMEIRA EMPRESA

Persoal a incorporar:

  • Soldadores /as MIG/MAG
  • Caldereros/as
  • Operarios/as de maquinaria CNC ( torno, fresadora e máquinas de corte, tradeado de chapa , Ficep, oxicorte etc)
  • Pintores industriais con experiencia en pintura líquida
  • Granalladores ou chorreadores para pintura.

Os requisitos comúns para todos os postos son:

  • Traballadores/as con experiencia en industria pesada mínimo de 1 ano.
  • Imprescindible curso de ponte guindastre (se non se ten, poden presentarse pero terá que facerse o curso).
  • Dispostos a realizar unha proba na empresa para que validen se son aptos ou non.
  • Posibilidade de incorporación inmediata en poucos días.

As condición laboráis ofertadas son:

  • Contrato obra, duración prevista 2 anos.
  • Pago nómina o día 1 de cada mes.
  • Retribución por convenio (sector metal de Coruña) e categoría segundo a valía do candidato.
  • Traballo a quendas rotativas de mañá e tarde 7-15 ou de 15-23 horas.
  • Posibilidade de realizar horas extras.

 

  • SEGUNDA EMPRESA

Buscamos 2 operarias con experiencia en máquina de ojales e 1 encargada de taller , horario continuo de mañá con xornada completa. Posible estabilidade.

Back to top