Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN MUGARDOS

Mañá martes 10 de outubro, a Área de Igualdade do Concello de Mugardos, dirixida polo alcalde, Juan Domingo de Deus, organizará dous obradoiros no marco das actividades cofinanciadas polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Mabel Lozano impartirá estes dous obradoiros. O primeiro deles, denominado ‘TikTok Trata’ está dirixido ao alumnado do IES Mugardos, e inspirado nas actividades de www.apramp.org, a Asociación para a Prevención, Reinserción e Atención da Muller Prostituída.

No segundo obradoiro proxectarase o documental de Mabel Lozano titulado ‘EL PROXENETA. Paso corto, mala leche’. Cunha duración de dúas horas, está dirixido a un público maior de 15 anos e trata sobre as mafias e o crime organizado que moven os fíos da prostitución. Será no Casino Mugardés ás 18;30 horas. Para asistir é necesario inscribirse en servizos.sociais@mugardos.gal ou chamando ao teléfono 981470338, extensión 2.

Back to top